Visitas restrinxidas a espazos do Vello Cárcere do 19 ao 29 de abril

Dende este mércores, 19 de abril, e ata o sábado 29 de abril, estarán restrinxidas as visitas a algúns espazos do edificio do Vello Cárcere por motivo da montaxe da Exposición sobre a memoria histórica.

As persoas interesadas en visitar máis espazos, poderán facelo inscribíndose nas visitas guiadas ou en grupos, chamando ao 982-29-71-95 ou remitindo un correo electrónico a vellocarcere@concellodelugo.org.

Os visitantes de maneira individual só poderán visitar a mostra Un cárcere, unha porta e un xardín, que está situada na planta baixa do edificio.