Traslado de data de talleres do "Arde Lucus Cultural"

Os talleres do Arde Lvcvs Cvltvral, previstos para este sábado e domingo, 28 e 29 de abril, A/O Menciñeiro en Roma, Vestais no Museo e Achégate á cultura castrexa, trasládanse de data e ubicación.

Concretamente, o primeiro deles celebrarase o 12 de maio, na Casa da Xuventude, cos Xogos romanos de taboleiro, que cambian do MIHL á Casa da Xuventude.

O segundo deles, trasládase para o día 26 de maio, coa final dos xogos romanos de taboleiro Astorga-Lugo, que tamén cambian do MIHL á Casa da Xuventude.

O último tamén terá lugar o 26 de maio e cámbiase do Vello Cárcere para a Casa da Xuventude.

En ambas as tres actividades o horario será de 10:00 a 13:00 horas. O prazo de inscrición para participar segue aberto, a través do 010.