Traslado de data da representación de Rey Lear, enmarcada na programación de Artes Escénicas

A actuación prevista para este sábado, 13 de abril, de Atalaya Teatro, representanto Rey Lear, enmarcada na programación de Artes Escéncias do Gustavo Freire, organizada polo Concello; por razóns médicas acreditadas pola compañía, trasládase ao 27 de maio, facendo a función no mesmo lugar e á mesma hora (no Auditorio Municipal Gustavo Freire, ás 20:30 horas).

O Concello lamenta as molestias ocasionadas e agarda que a cidadanía goce da representación na nova data proposta.

As entradas xa adquiridas terán plena validez para a nova función.