Recollida de acreditacións de prensa para o Arde Lvcvs 2019

Informámosvos que dende o vindeiro venres, 7 de xuño, podedes pasar a recoller as vosas acreditacións de prensa para o Arde Lvcvs 2019 no Gabinete de Comunicación do Concello de Lugo.

Pregámosvos, por favor, ir caracterizados ou caracterizadas cos atavíos da época, cando menos aos seguintes actos, polo seu carácter representativo dentro dos festexos:

Xoves, 13 de xuño

  • 21:00 horas.- Entrada das lexións romanas ao mando do xeneral Caio Antistio e toma da cidade
  • 21:30 horas.- Os avgvres bendicen as tropas e os estandartes

Venres, 14 de xuño

  • 17:00 horas.- Inauguración do Macellvm
  • 17:30 horas.- Inauguración da Castra
  • 21:00 horas.- Harpastvm
  • 22:00 horas.- A fundación da cidade
  • 00:00 horas.- III Mvrvs Lvcis

Sábado, 15 de xuño

  • 12:30 horas.- Nomeamento de Civitas Honoris
  • 18:00 horas.- Circus Romano
  • 18:20 horas.- Asalto ao monte Medulio
  • 20:30 horas.- Desfile

Domingo, 16 de xuño

  • 11:05 horas.- Desfile dos colexios
  • 21:00 horas.- Acto final das lexións romanas e das tribos castrexas

De non ser así, non se garantirá a situación en primeira fila nos devantitos actos, debendo seguir as indicacións da organización.