Obras en Rolda Muralla, tramo entre Montero Río e Rúa do Teatro

Desde aproximadamente as 08:00 horas do día martes 27-02-2018 e ata o día 14-03-2018; con motivo da renovación do pavimento da beirarrúa do tramo da Rolda da Muralla, comprendido entre a rúa Montero Ríos e a rúa do Teatro; procederase ao corte do tráfico rodado e peonil polo carril interior da rolda e a beirarrúa do mesmo marxe.

A empresa executora instalará sinalización circunstancial e dispoñerá de operarios sinalistas por toda a obra, en concordancia co plan de mobilidade deseñado por esta unidade de Policía Local.

É probable que existan retencións de tráfico en momentos puntuais do día debido ás obras, polo que se recomenda usar outras rutas de desprazamento alternativas.