O servizo de recollida de enseres queda suspendido temporalmente

Dende a área de Medio Ambiente do Concello de Lugo informan que o servizo de recollida de enseres queda suspendido temporalmente para facilitar os traballos do dispositivo extraordinario de limpeza que se está a levar a cabo durante o estado de alarma polo Covid19 lamentando as molestias que esta suspensión puidera ocasionar.