O Graffiti pola Igualdade previsto para o 25N realízase este sábado, día 7, na Casa da Muller

Dende a área de Muller, Igualdade e Xuventude infórmase de que este sábado, 7 de decembro, a partir das 10:00 horas e ao longo de toda a xornada (mañá e tarde), realizarase na Casa da Muller, o Graffiti pola Igualdade que estaba previsto dentro da programación do 25N pero que, por mor da mala climatoloxía, tivo que ser suspendido.