O Concello pecha esta tarde as instalacións deportivas municipais ao aire libre polo temporal

O Concello de Lugo, a través das áreas de Deportes e Protección da Comunidade, informa de que durante esta tarde pechará as instalacións deportivas municipais ao aire libre como medida de prevención para garantir a seguridade cidadá debido ás adversas condicións meteorolóxicas previstas con motivo do paso da borrasca Gisele.

Esta medida súmase ao peche dos parques públicos Rosalía de Castro e da Milagrosa realizado onte á tarde.