Múdase a cita musical de Kimuro programada para o xoves 11 ao domingo 14

A cita musical con Kimuro, programada para este xoves, 11, ás 13:00 horas no marco dos festexos do San Froilán, múdase, por causas meteorolóxicas, ao domingo 14 de outubro á mesma hora e mesmo lugar.

Ese mesmo día, o domingo, haberá prezos especiais para nenos e nenas nos distintos carruseis do feiral.