Modificacións nos carrís da Avenida Infanta Elena coa rúa Montefaro

O próximo martes día 6 de xuño, tras a súa aprobación na Comisión de Tráfico, se as condicións climatolóxicas o permiten, vaise proceder á modificación do ciclo semafórico e da sinalización horizontal dos carrís da Avenida Infanta Elena coa rúa Montefaro.

A medida ten por obxecto mellorar a fluidez do tráfico rodado que provén das áreas comercias e do polígono industrial do Ceao cara ao centro da cidade, de tal xeito que o carril dereito, que ata de agora so permitía a circulación cara a rúa Montefaro, tamén se poida utilizar para continuar de fronte cara a estación de ferrocarril.