Horarios de verán nos centros de convivencia municipais

Os centros de convivencia municipais terán o seguinte horario de verán, que estará vixente do 1 de xullo ao 15 de setembro.

Horario de luns a venres

  • Os centros, de luns a venres,  manteñen o seu horario habitual de mañá.
  • Horario de tarde, de luns a venres, os centros manteñen o seu horario habitual.

Excepcións: O Local Social Díaz Castro permanecerá aberto de luns a venres en horario de 17:00 ás 20:00 horas.

Horario da fin de semana

  • Os centros de convivencia os sábados pola mañá pechan (no Centro de Convivencia da Milagrosa abre a cafetería).
  • Sábados, domingos e festivos pola tarde abren no seu horario habitual.

Excepcións: Os centros Díaz Castro e Sagrado Corazón pechan as fins de semana e festivos dende o día 1 de xullo e ata o 15 de setembro.