Horario da oficina municipal de turismo e dos centros museolóxicos polo San Froilán 2018

Os horarios durante o San Froilán, que se manteñen como os de verán, son os seguintes:

O Centro da Interpretación da Muralla e Oficina Municipal de Turismo abrirá os luns, martes e mércores, de 11:00 a 13:30 horas, e de 17:00 a 19:30 horas. Os xoves, venres e sábado, o horario será ininterrompido de 11:00 a 19:30 horas e os domingos, de 11:00 a 18:00 horas.

A Casa dos Mosaicos abrirá de martes a sábado, en xornada de mañá de 11:00 a 13:30 horas, e de tarde, de 16:00 a 19:30 horas. Os domingos será de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas.

Para o Centro Arqueolóxcio San Roque e a Sala de Exposicións de Porta Miñá, o horario é de mércores a sábado, de 11:30 a 13:30 horas, e de 17:00 a 19:00 horas; e os domingos, de 11:30 a 13:30 horas, e de 17:00 a 19:00 horas.

O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) permanecerá aberto no seguinte horario: de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas, e de 17:00 a 20:00 horas, e domingos só en xornada de tarde.

A caseta de información durante as festas de San Froilán, situada na Praza Maior, terá o seguinte horario:

4 de outubro: de 19:00 a 22:00 horas
5, 6, 7, 11 e 12 de outubro: de 11:00 a 15:00 horas, e de 17:00 a 22:00 horas
8, 9 e 10 de outubro; de 12:00 a 14:00 horas, e de 17:00 a 21:00 horas