A Escola Municipal de Música pon a disposición do alumnado, aulas de estudo

O Concello de Lugo informa de que entre os días 25 de xuño e 24 de xullo, de martes a xoves, en horario de 16.30 a 19.30h., estarán a disposición do alumnado da Escola Municipal de Música aulas de estudo. As persoas interesadas deben facer a solicitude con antelación para confirmar a dispoñibilidade.