Cortes de tráfico no barrio de Casás por obras desde o 6 de marzo

Con motivo das obras de renovación de servizos e pavimentación do barrio de Casás, vanse realizar cortes de tráfico en tramos deste barrio desde o luns 6 de marzo de 2017.

A empresa dispoñerá de sinalización circunstancial suficiente, mantendo informados aos afectados polas devanditas obras das rutas alternativas de entrada e saída ás súas respectivas vivendas segundo vaian avanzando as obras.

As rutas de entrada e saída a este barrio, alternaranse entre a Avenida Breogán e a rúa do Castro e rúa Oliveira, segundo as necesidades de execución da obra.