Cortes de tráfico con motivo da celebración do XXIX Tríatlon do Miño

O vindeiro domingo, día 16 de xullo, entre as 10:00 e as 14:00 horas aproximadamente, con motivo da celebración do XXIX Tríatlon do Miño haberá cortes de tráfico na Estrada de Ombreiro (tramo comprendido entre a Estación Elevadora de Augas e a Avenida dos Deportes), Avenida dos Deportes (sentido de baixada desde acceso ao aparcamento de Carrefour a Fábrica da Luz), Paseo Palestina, Avenida Fábrica da Luz e inmediacións da área recreativa Os Robles.

Nos puntos de corte, ademais da sinalización oportuna, haberá presenza de Policía Local, Protección Civil e persoal da organización do evento deportivo, que orientarán aos condutores dos itinerarios a seguir.