Corte rúa Montero Ríos, á altura de carril de Caiñós

O día 16 de setembro, a Policía Local autorizou unha ocupación de vía pública que pola súa superficie inhabilita a circulación de vehículos pola rúa Montero Ríos, motivo polo cal, todo o tráfico que veña da Ronda da Muralla, desviarase cara a Carril de Caiñós.

Para as persoas residentes e comerciantes afectadas da rúa Montero Ríos, estableceuse un plan de mobilidade no que se establecerá o dobre sentido de circulación cara a Carril de Caiñós ou cara o cruce de Montero Ríos con Ronda Fontiñas, dependendo da situación concreta de cada un.

A empresa disporá de operarios sinalistas que regularán o tráfico rodado e peonil pola zona garantindo a súa seguridade.