Corte de tráfico da rúa Ramón Montenegro

Dende as 15:30 horas do luns 19 de xuño de 2017 e, previsiblemente, ata o 20 de xuño de 2017, vaise proceder ao corte total da rúa Ramón Montenegro, dende a rúa Río Chamoso ata rúa Primavera, debido á reparación de varias arquetas que se atopan en mal estado.

Estableceuse un plan de tráfico alternativo mediante sinalización circunstancial e carteis informativos.

Os residentes afectados do tramo cortado, accederán e sairán cos seus vehículos dende a rúa Primavera, establecendo este tramo en dobre sentido de circulación durante o corte da rúa.

A empresa dispoñerá de forma permanente de operarios sinalistas, que regularán e manterán informados aos residentes e comerciantes do lugar.