Corte da rúa Soto Freire

Dende o día 19 de outubro o Concello reiniciará os traballos de mellora do pavimento da rúa Soto Freire, enmarcados dentro das obras de rehabilitación do vello cárcere para convertelo nun centro cultural, e que teñen un prazo de execución de dous meses e medio.

Estas tarefas, que requiren o corte total desta rúa, consisten na pavimentación desta rúa con adoquíns accesibles, de tal xeito que faciliten o tránsito das persoas con diversidade funcional.