Corte da rúa San Fernando o 22 de xaneiro

Con motivo do desmonte do guindastre torre instalado no interior do antigo cuartel de San Fernando, a partir das 08:00 horas do domingo 22 de xaneiro de 2017, vaise proceder ao corte total do tráfico rodado pola devandita rúa, motivo polo cal, procedeuse a elaborar un plan de mobilidade alternativo consistente nas seguintes medidas en materia de seguridade viaria e sinalización circunstancial:

  • Corte da rúa San Fernando á altura da rúa Amor Meilán. Todo o tráfico que chegue ao lugar será desviado pola rúa Amor Meilán; aínda que, coa intención de filtrar e evitar que os vehículos accedan con normalidade ata ese punto, a empresa instalará un valo cun cartel informativo na intersección da rúa Bolaño Rivadeneira coa rúa Quiroga Ballesteros, que indique que se establece a rúa Quiroga Ballesteros como desvío alternativo. 
  • Devandito corte afectará á entrada do aparcamento subterráneo da praza do Ferrol, aínda que, facilitarase a entrada/saída de usuarios ao mesmo, regulado por operarios sinalistas da empresa. 
  • Os residentes afectados da zona 2, accederán dende a rúa Amor Meilán cara á dereita pola rúa Quiroga Ballesteros e finalmente cara a rúa San Froilán. 
  • Co fin de facilitar o acceso a residentes e servizos da praza do Ferrol, habilitarase o dobre sentido de circulación pola praza, desde rúa Bolaño Rivadeneira e dispoñerase de forma permanente de polo menos dous operarios sinalistas da empresa que regularán a circulación e a incorporación á rúa San Fernando, garantindo a seguridade de todos os usuarios da vía. 
  • Con motivo do corte da rúa San Fernando, a parada de bus urbano situada no carril bus despois da intersección da rúa Bolaño Rivadeneira coa rúa Quiroga Ballesteros (xunto a Almacenes Galán), trasladarase a uns dez metros antes do paso de peóns existente antes do devandito cruce. Sufrirá unha pequena modificación en canto ao percorrido aínda que non se verán afectadas o resto de paradas das liñas afectadas.