Corte da rúa Chantada por obras

Dende o día 20 de novembro de 2017 e, inicialmente, ata o 6 de decembro de 2017, vaise proceder ao corte do tráfico rodado pola rúa Chantada debido a unhas obras que se executarán na mesma. 

Elaborouse un plan de tráfico alternativo mediante sinalización circunstancial e cartelería, que facilitará a mobilidade do tráfico rodado e peonil, habilitando inicialmente o acceso de vehículos de residentes e comerciantes afectados polo mesmo dende a Porta Bispo Odoario e establecendo a rúa Chantada en dobre sentido de circulación aos mesmos.

A empresa executora responsabilízase da instalación de notas informativas en portais e entradas de vehículos legalmente sinalizadas. Durante a execución da obra, dispoñerá de operarios sinalistas que regularán e informarán a todos os afectados sobre os distintos desvíos e accesos que se lles indicou por parte do Gabinete de Tráfico da Policía Local.