Cambio de ubicación da Mesa Electoral

Comunícase que con motivo da realización de obras, fíxose necesario a modificación da ubicación do local electoral correspondente ao Distrito/Sección: 5/8 e 5/15 Mesas A e B.

Motivo polo cal as Seccións 5/8 e 5/15 que anteriormente votaban en FOGAR DE SANTA MARÍA en RONDA MURALLA, 140, pasan a votar en CENTRAD-CENTRO DE ARTESANÍA E DESEÑO en RÚA CHANTADA, número 3 A.