Letras resultantes do sorteo para as prazas da Escola Municipal de Música de Lugo

As letras que resultaron do sorteo público que establecerá a orde de adquisición de prazas e de elección horaria, celebrado o día 13 de xullo ás 17:30 horas nas dependencias da Escola Municipal de Música, son as seguintes:

  • Primeiro apelido: H G
  • Segundo apelido: C C

As prazas adxudicaranse dende ditos apelidos, así coma a elección de horario, segundo os criterios o que establecen as bases.

Os listados provisionais de admitidos xerais expostos na Escola Municipal de Música de Lugo e hai un prazo de 10 días para reclamacións nun rexistro oficial.

Na primeira semana de agosto publicaranse no taboleiro da Escola os listados definitivos xa por materias. O taboleiro está situado no primeiro andar do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.