Anulación temporal de parada de bus urbano na rúa Camiño Real

Debido á obra de ampliación da rúa Camiño Real, no tramo comprendido entre as rúas Tino Grandío e García Abad, vaise proceder á anulación temporal da parada de bus urbano existente fronte ao inmoble número 63. A empresa executora de ditas obras vai instalar un cartel informativo de dita anulación.
 
O inico da obra será dende o luns, 20 de marzo, ata aproximadamente 5 días laborais.