Ampliación da inscrición para os obradoiros de Danza Romana e Teatro, enmarcados no Arde Lvcvs Cvltvral

Os obradoiros de danza romana Ludi de Lucus Augustu e o de teatro Formación dos Copori aos Suevos, enmarcados dentro da programación do Arde Lvcvs Cvltvral MMXVIII, amplían o prazo de inscrición ata este venres, 16 de marzo. A inscrición realizarase a través do 010 e cada grupo conta con 20 prazas.