
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este mércores o acto de toma de posesión do novo Secretario Xeral do Concello de Lugo, José Mourelle Cillero.

A Xunta de Goberno Local deste mércores aprobou as bases que teñen por obxecto rexer a convocatoria do proceso selectivo co fin de elaborar unha lista para a cobertura interina de prazas de funcionario na categoría de técnico ou técnica en Xardín de Infancia.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este martes no Centro de Congresos de Santa María da Feira, en Portugal, na mesa da Asemblea Xeral do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, encontro no que tivo un papel destacado, ao tomar parte como vicepresidenta na xornada de mañá e como president

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este luns sendos encontros con representantes do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, no que tamén estivo o Concelleiro de Persoal e Desenvolvemento Sostible, Daniel Piñeiro, e co Colexio de Avogados de Lugo.

Este luns, 15 de febreiro, ás 12:00 horas quedou constituído o IX Goberno Municipal Infantil, en presenza de diversos membros da Corporación Local.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este venres un encontro coa presidenta e a tesoureira da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Lugo, María Luz Abella e Ángeles Encinas, dentro da súa continua rolda de reunións con colectivos sociais da cidade.

O Concello de Lugo condenou este venres, nunha concentración celebrada ante a Casa Consistorial, o crime machista ocorrido onte en Becerreá, o primeiro en Galicia no que vai de ano e o noveno do Estado.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e os concelleiros de Medio Rural, Miguel Fernández, e Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, supervisarán este venres pola tarde as obras que acometeu o Concello co fin de ampliar a rede de abastecemento na parroquia de Santiago de Meilán, nas que inv

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este xoves na gala de entrega do V Premio Xoven Empresario de Galicia, organizado por primeira vez na cidade lucense por AJE Galicia e que reuniu no Museo Interactivo da Historia (MIHL) a máis de 200 persoas de toda a comunidade.

O Concello está a levar a cabo o desbroce da parcela de titularidade municipal situada en fronte do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Trátase duns terreos que se acondicionarán como estacionamento, co que se crearán en torno a 330 prazas. Este proxecto contempla varias fases.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 97
- 98
- 99
- 100
- 101
- 102
- 103
- 104
- 105
- …
- seguinte ›
- última »