Actualidade

Ex., 23-08-2019
Ex., 23-08-2019
Mércores, 24 de xullo de 2019
A área de Benestar Social cede a Cruz Vermella un local gratuíto para o seu proxecto de acollida temporal de persoas sen fogar

O fin é mellorar a situación destas persoas e axudar a súa integración social a través dunha atención integral

O Concello convoca un ano máis as axudas para asociacións e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro que desenvolvan programas no eido de servizos sociais

Ábrese a convocatoria de subvencións para persoas con discapacidade e afectadas de graves problemas de mobilidade para gastos de transporte en taxi adaptado

Mércores, 24 de xullo de 2019
O Concello de Lugo prevé iniciar a actuación que rematará o edificio da Piringalla en setembro, unha vez adxudicada a dirección de obra

A alcaldesa Lara Méndez e os concelleiros Alvaro Santos e Miguel Couto visitaron hoxe a zona para ver o estado da edificación

A obra foi adxudicada no mes de xuño por 818.714 euros

Mércores, 24 de xullo de 2019
O Concello non formalizará a recepción do novo auditorio ata que non se confirme que cumpre co proxecto

Os informes serán realizados por servizos técnicos do concello ou empresas externas

É un trámite realizado na recepción de calquera tipo de obra por parte do concello

Mércores, 24 de xullo de 2019
O barrio multiecolóxico de Lugo contempla 1.200 vivendas e espazos verdes e libres que multiplican por cinco a superficie fixada no PXOM

A alcaldesa, Lara Méndez, presentou os criterios para a planificación deste barrio pioneiro en España, con medidas encamiñadas a loitar contra o cambio climático.

O 45% das vivendas serán públicas, xa que un dos fins e articular políticas de vivenda municipais para atender as necesidades da veciñanza.

A rexedora sostén que o futuro “está na mans das cidades que integren o verde urbano, a enerxía renovable, a eficiencia enerxética, a mobilidade menos motorizada e a economía circular”.

O presidente da Deputación e o director de Pemade destacan o gran potencial que ten este programa para o sector forestal e da madeira na provincia e en Galicia.

Mércores, 24 de xullo de 2019
O Concello estuda a compra de vehículos híbridos para renovar parte do parque móbil da Policía Local

Lara Méndez, que probou estes vehículos co Xefe da Policía, estuda adquirir 4 coches co equipamento de seguridade policial e un todocamiño para a zona rural

Martes, 23 de xullo de 2019
Nas vindeiras semanas realizaranse arranxos no “leiraparking” do HULA

As obras teñen un tempo de realización previsto de 3 semanas nas que se intentará evitar provocar molestias ás persoas usuarias

Delimitarase a zona de paso da de estacionamento para evitar atascos

Luns, 22 de xullo de 2019
Acto de irmandade dos colectivos castrexos do Arde Lucus e do Oenach Atlántico con fin difundir as súas raíces culturais

As alcaldesas de Lugo, Lara Méndez, e de Narón, Marián Ferreiro, apoiaron este acto que se desenvolveu na Praza Maior de Lugo.

Luns, 22 de xullo de 2019
Rubén Arroxo: “O martes 30 convocarase a mesa do transporte público”

Todos os grupos poderán facer propostas para mellorar o servizo de autobuses. Rubén Arroxo: “queremos converter Lugo nunha cidade referente en materia de mobilidade”

Páxinas