Actualidade

Ex., 25-02-2018
Ex., 25-02-2018
Xoves, 18 de xaneiro de 2018
Lugo prepara a súa candidatura para converter o casco histórico en Ben Mundial e para ser cidade creativa na categoría de gastronomía

Así o deron a coñecer Lara Méndez e Carmen Basadre no marco de FITUR, onde o Concello presentou este xoves a terceira edición da campaña turística Ven, é Lugo; que este ano redescubre un Lugo de sensacións, un destino para descubrir cos sentidos

“Tocar Lugo é tocar a historia da humanidade” asegurou no acto de presentación a Alcaldesa, quen definiu a Lugo como unha “cidade aberta e amable”, como un destino “inédito, con personalidade propia e capaz de ofrecer experiencias”

Carmen Basadre asinou un novo convenio co Grupo Alsa para apoiar e participar no Arde Lvcvs, que terá lugar entre o 15 e 17 de xuño, do que se estreou hoxe un novo vídeo, xunto con outro do San Froilán

Mércores, 17 de xaneiro de 2018

O importe das axudas, cuxas bases se publicaron onte no Boletín Oficial da Provincia, é do 35% do custe total da obra, cun máximo por vivenda de 11.000€

Mércores, 17 de xaneiro de 2018

A Xunta de Goberno aprobou hoxe a contratación da docencia especializada para impartir as 7 accións formativas das que consta a iniciativa, que se desenvolverá dende febreiro a xuño

Aprobadas este mércores tamén as bases que rexerán a selección dos participantes

A aplicación e manexo de drons é un dos itinerarios formativos ofertados, xunto a actividades auxiliares en viveiros e xardíns, socorrismo en espazos naturais e instalacións acuáticas, operacións básicas de cociña e de cátering, e dinamización de actividades de tempo libre

Os beneficiarios recibirán unha parte teórico práctica e outra práctica en empresas do sector do que se trate

Martes, 16 de xaneiro de 2018
O profesor de Física de Partículas José Edelstein ofrece o xoves unha nova conferencia do ciclo Achegando a ciencia no Vello Cárcere

Baixo o título O Discreto oleaxe do cosmos, abordará a teoría da relatividade de Einstein

O principal obxectivo destas charlas é tentar achegar as principais teorías científicas á cidadanía dun xeito ameno

Luns, 15 de xaneiro de 2018
Presentada a Copa Princesa de baloncesto masculino, que por primeira vez se disputará en Lugo

Lara Méndez, Darío Campos, Miguel Fernández, Pablo Rivera e Jesús Lázare presentaron esta cita, que terá lugar o 3 de febreiro, ás 20:45 horas, no Pazo Provincial dos Deportes

Luns, 15 de xaneiro de 2018
FITUR 2018 redescubrirá un Lugo de sensacións, un destino para os sentidos

A Alcaldesa e a Concelleira de Cultura presentarán o novo vídeo promocional do municipio, o terceiro da campaña Ven, é Lugo; aínda que desta volta cunha "aposta completamente distinta, cunha aposta por un Lugo moderno e dinámico"

"Lugo é algo máis que patrimonio, é un patrimonio para tocalo, sentilo e acaricialo, para saber realmente que vivimos máis de 2.000 anos de historia. E iso é que o que quixemos transmitir no novo vídeo", asegurou Carmen Basadre

A montaxe audiovisual, protagonizada por unha peregrina que garda a súa  mochila para coñercer a cidade, pon o acento en Lugo -que recibiu na Oficina Municipal de Turismo e na rede musesística máis de 88.500 visitantes no 2017- como un destino aberto os 365 días do ano no que hai de todo, para todos

Xoves, 11 de xaneiro de 2018
O Concello ofrece ata xuño vinte actuacións de teatro, circo e música no auditorio, o Vello Cárcere e a Praza Maior

A Concelleira de Cultura presentou as funcións da 18ª Mostra de Teatro Clásico e de dúas programacións que organiza por vez primeira: Circo e Teatro para Público Familiar e Músicas Mesturadas

La Comedia de las Mentiras, con Pepón Nieto e María Barranco, inauguran o 1 de febreiro a Mostra de Teatro Clásico, que inclúe 6 obras e dous monólogos ata o día 3 de marzo

A Programación de Circo e Teatro para Público Familiar terá lugar os segundos domingos de mes. Haberá funcións de Pistacatro, Elefante Elegante, Cirk About it, Asacocirco e Sarabela Teatro

O ciclo Músicas Mesturadas ofrece concertos no Vello Cárcere do día 13 de xaneiro ao 19 de maio a cargo de Fado Violado, Viviane, Zaruk e Tramontana

Páxinas