Actualidade

Ex., 30-03-2017
Ex., 30-03-2017
Xoves, 09 de marzo de 2017

O Concello oferta 37 prazas de novo ingreso nas escolas Serra de Outes, Gregorio Sanz e Luis Soto Menor, e 31 na María Wonenburguer

As solicitudes poden presentarse ata o 5 de abril debidamente cumprimentadas no Rexistro Xeral do Concello

Mércores, 08 de marzo de 2017

O obradoiro, que está aberto á participación do público en xeral, terá lugar das 16:00 ás 20:00 horas no Salón de Actos do CEI-Nodus

Mércores, 08 de marzo de 2017
Lugo conmemora o Día da Muller para reivindicar o seu papel na sociedade ao longo de todo o ano

Rosa Gullón, do coro Cantar Delas, púxolle voz ao manifesto, ao que seguiu a entrega do premio Entre Mulleres, concedido á luguesa amante da comunicación Mar Castro

Mércores, 08 de marzo de 2017

A Xunta de Goberno tamén adxudicou a subministración de produtos de panadería para o Fogar do Transeúnte, cunha media de 1.400 persoas usuarias

Mércores, 08 de marzo de 2017
O Goberno garante a estabilidade no emprego dos seus servizos e rescinde o contrato con Alcor por incumprimento de melloras salariais

Faino tras remitir ao Consello Consultivo de Galicia a súa proposta de resolución do contrato no Fogar do Transeúnte e CEI-NODUS, e que ven de darlle a razón ao Concello

Cautelarme, o Goberno pediu unha garantía a Alcor, dado que presentara a oferta máis ventaxosa para o servizo nos centros de convivencia. Ante a non resposta, o Servizo de Contratación propoñerá á Mesa non aceptar a oferta e non adxudicarlle dito servizo

"Cada Goberno ten que marcar o seu estilo nas accións que desenvolve e nós témolo claro. O noso non é o Goberno do aforro, nin da austeridade, o noso é o Goberno das persoas, Hoxe con esta decisión, volvemos situar á persoa como centro tamén da contratación municipal", asegurou a Alcaldesa

Martes, 07 de marzo de 2017
O Concello dota de alumeado público ao vial que une Marqués de Ombreiro coa Ronda do Carme en cumprimento dun acordo coa veciñanza

Lara Méndez, Miguel Fernández e Manuel Núñez supervisaron as tarefas, coas que se aproveitará para pavimentar dita vía, que será moito máis segura tanto para os peóns como para os condutores

Así mesmo, instalaranse dous novos puntos de luz no canil de Acea de Olga, en resposta das demandas dos veciños e veciñas

Martes, 07 de marzo de 2017

O Goberno de Lugo, coñecedor no día de hoxe da Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre o recurso contencioso-administrativo interposto pola Asociación Cultural na Defensa do Parque de Rosalía contra a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal, celebra que o Tribunal acollera o alegato do Concello sobre a improcedencia de alegar en trámite de conclusións cuestións novas que non foron plantexadas inicialmente na demanda.

Martes, 07 de marzo de 2017
O Concello súmase ao recoñecemento á Escola Politécnica Superior do Campus Terra polo traballo a prol da igualdade

Lara Méndez participou neste acto institucional na Casa do Saber co que a USC conmemorou o Día Internacional da Muller

Páxinas