Actualidade

Ex., 25-02-2018
Ex., 25-02-2018
Xoves, 01 de febreiro de 2018
A muller, protagonista dos 35 retratos da nova exposición do Vello Cárcere

Carmen Basadre inaugurou a mostra de pintura, de Ana María Rodríguez, que permanecerá neste centro cultural ata o 11 de marzo

Paralelamente terán lugar dous obradoiros de memoria visual, un para nenas e nenos, o 11 de febreiro, e outro para adultos, o 18 de febreiro, ambos os dous de 18:00 a 19:30 horas

Xoves, 01 de febreiro de 2018
Concello e Deputación poñen en marcha os Faladoiros Feministas, un espazo de reflexión da actualidade dende a mirada da muller

Ana Abelleira e Sonsoles López presentaron a programación de relatorios desta iniciativa, que arrincará mañá, ás 20:00 horas, no auditorio do Vello Cárcere, cunha charla sobre mulleres empoderadas nas series televisivas

O resto de conferencias desenvolveranse ata o 25 de maio no mesmo emprazamento. A entrada é libre e de balde ata completar o aforo

Xoves, 01 de febreiro de 2018

Ana Abelleira presentou a programación, que busca preservar as tradicións ao tempo que se ofrece unha alternativa máis á veciñanza para ocupar o seu tempo de lecer aprendendo novas habilidades

As persoas interesadas nesta actividade, que terá lugar de luns a xoves, dende as 17:30 horas ás 19:00 horas ata o 22 de marzo, poden inscribirse do 5 ao 9 de febreiro, no Centro de Convicencia de  Fingoi

As xornadas, enmarcadas dentro da programación de animación sociocultural, buscan contribuír ao fomento do valor da cultura luguesa, favorecer o coñecemento das tradicións e potenciar as actividades interxeracionais

Mércores, 31 de xaneiro de 2018
A Alcaldesa: “Cúmprense 10 anos do protocolo para crear o Museo da Romanización e a Xunta non fixo nada”

O Concello “tapa os furados” que deixa o Goberno galego na cidade, tamén no Cuartel de San Fernando, onde iniciou hoxe as obras para derrubar a antiga lavandería e acondicionar un espazo público de lecer no seu entorno de 1.000m2

“Con investir moito menos do 1% de todo o que se dedicou ao Gaiás teríamos un Museo da Romanización”

Aínda tendo a obriga legal de destinar fondos para a conservación do vello edificio militar por ser BIC dende o 2009, a Xunta só achegou 90.000€ neste tempo a través dun convenio co Concello para poder manter o inmoble en pé

Mércores, 31 de xaneiro de 2018
Lugo difundirase como destino termal nunha nova guía turística da Eurorrexión

Carmen Basadre vén de participar nunha xuntanza de traballo do Foro Termal do Eixo Atlántico, onde se decidiu elaborar dita publicación, que estará lista a finais de ano. Repartiranse 60.000 exemplares tanto en hoteis, balnearios e oficinas de turismo

Mércores, 31 de xaneiro de 2018
Concello, Deputación de Lugo e AELU poñen en valor o traballo das empresarias da provincia cos Premios Son Muller 2018

Ana Abelleira,  Sonsoles López e Beatriz Varela presentaron este mércores os premios que organiza a Asociación de mulleres empresarias da provincia de Lugo, coa principal colaboración do Goberno Local e Provincial, que achegan 4.600 euros

Os premios de 3.000 euros están dirixidos a emprendedoras e empresarias e teñen como obxectivo fomentar a participación da muller no entorno económico e social lucense. Inscricións en www.empresariaslugo.org a partir de mañá e ata o 1 de marzo

Valorarase a experiencia empresarial, os plans de conciliación de vida persoal e profesional, a creación de emprego feminino, o fomento da igualdade, a creatividade e innovación, así como os proxectos que fomenten o empoderamento do rural galego

Mércores, 31 de xaneiro de 2018

As peticións poderán presentarse ata o 20 de febreiro no Rexistro Xeral do Concello. A previsión é que os adxudicatarios comecen a cultivar os terreos na primavera

Os hortos urbanos acondicionados polo Concello teñen unha extensión de 3.000 m2, 1.085 para o cultivo e os restantes son zonas comúns: aparcamento, unha caseta de madeira para apeiros e material, fontes de rega e mesas e bancos de uso público

Están destinados ao autoconsumo para favorecer os hábitos de vida saudables a través do cultivo de productos ecolóxicos

Martes, 30 de xaneiro de 2018

Terán lugar dúas sesións informativas, realizadas pola Fundación Gas Natural Fenosa, o vindeiro martes, 6 de febreiro, ás 16:00 e 18:00 horas, no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra

Martes, 30 de xaneiro de 2018
O Concello inicia mañá as obras de acondicionamento dun novo espazo público no entorno do Cuartel de San Fernando

Consiste na derruba da lavandería do edificio e na creación dunha área de esparexemento no terreo resultante, de case 1.000m2, ao carón dun dos patrimonios máis emblemáticos de Lugo

Páxinas