Actualidade

Ex., 26-09-2018
Ex., 26-09-2018
Mércores, 19 de setembro de 2018

A través de axudas de concorrencia competitiva e nominativas, beneficiaranse colectivos e entidades lucenses do ámbito deportivo, cultural, muller, social, participación cidadá, medio ambiente, educación e xuventude

Mércores, 19 de setembro de 2018
Previa ao San Froilán, unha quedada de motos

Celebrarase o domingo, 30 de setembro, a partir das 11:00 horas. Contempla unha ruta, un percorrido turístico ao redor da Muralla, unha ofrenda floral en homenaxe aos moteiros de Lugo e un xantar de confraternidade

Mércores, 19 de setembro de 2018
O Concello facilitará autobuses gratuítos para o Caudal Fest cada 15 minutos

Os buses sairán dende a parada de bus da Praza de Bretaña os dous días, dende as 18:00 horas e ata as 02:15 horas o venres, e dende as 14:00 ás 04:00 horas o sábado

O regreso dende o festival, que será desde a parada de bus da Avenida dos Deportes, nas inmediacións do Anxo Carro, será dende as 18:15 ás 02:30 horas o primeiro día, e dende as 14:15 ás 04:00 horas, o segundo

Ademais, o sábado, os autobuses urbanos serán gratuítos para todas as persoas pasaxeiras durante todo o día, coincidindo coa Semana Europea de Mobilidade

Martes, 18 de setembro de 2018

Ao abeiro do plan Lugo+Biodinámico, investigadores da USC deseñaron a cuberta gridshell, a primeira do mundo de madeira de eucalyptus globulus, traballo recoñecido agora no WCTE 2018, que se celebra cada dous anos en Seúl

Martes, 18 de setembro de 2018
O Concello cofinanciará con 123.000€ ao ano o funcionamento da nova escola infantil, para a que xa puxo os terreos

A Alcaldesa destacou o esforzo investidor do Goberno en políticas sociais, e na educación de 0 a 3 anos, pois conta con catro garderías municipais que ofrecen 238 prazas

A dotación pública de Garabolos contribúe a satisfacer a ampla demanda de prazas que existe no municipio

Martes, 18 de setembro de 2018
O Goberno de Lara Méndez continúa poñendo o acento na humanización e creará un novo parque infantil na Praza de Bretaña

Con este afán de facer dos lugares públicos, espazos máis funcionais e inclusivos, a Xunta de Goberno de mañá dará luz verde á contratación da subministración e instalación dunha área de xogos infantís nesta praza

Entre os xogos da nova área, cun investimento de 88.000€, e que os nenos e nenas poderán gozar antes de rematar o ano, atópanse columpios, muelles de animais, figuras xeométricas, unha casiña e un xogo tubo

A zona terá pavimento de amortiguación e un valado de madeira

Luns, 17 de setembro de 2018
A Xunta Local de  Seguridade mantén unha reunión de coordinación para o Caudal Fest, que leva máis de 10.500 entradas vendidas

Lara Méndez e Isabel Rodríguez copresidiron a xuntanza, onde se coordinaron efectivos e recursos dispoñibles, co obxetivo de que o primeiro festival urbano de Lugo trasncurra sen incidentes

Unha dotación de bombeiros e tres unidades permanentes da Policía Local estarán nas inmediacións. Tamén haberá dúas ambulancias, un Hospital de Campaña, un posto morado contra a violencia machista e un punto de información sobre a prevención de consumo de alcol

A Policía Nacional e a Agrupación de Tráfico da Garda Civicl intervirán neste operativo, con máis de 40 efectivos traballando. Axentes da Garda Civil estarán nos accesos da cidade realizando campañas preventivas

Luns, 17 de setembro de 2018

Poderase consultar durante as xornadas laborais, nas oficinas municipais da Ronda da Muralla, 197. O horario de exposición será de 9:00 a 14:00 horas en días laborais

Luns, 17 de setembro de 2018
Concello, Deputación e Federación garanten unha nova edición do Día do Veciño, que reunirá a case 4.000 veciños

Lara Méndez,  Darío Campos e Jesús Vázquez, acompañados de cincuenta representes das asociacións, presentaron esta cita que terá lugar o 23 de setembro no Pazo de Feiras e Congresos da capital lucense

No xantar, que ten un custo simbólico de 3 €, poderanse degustar produtos típicos da provincia como pementos de Mougán, chourizos Ceide, empanadas Illán, embutidos de Gadis, pan de Antas de Ulla ou viño de Chantada 

Páxinas