Actualidade

Ex., 24-02-2018
Ex., 24-02-2018
Luns, 19 de febreiro de 2018
A Alcaldesa consegue situar de novo a Estación Intermodal na axenda política

Da reunión mantida hoxe en Madrid entre Concello, Adif e Xunta saíu o compromiso de asinar un convenio entre as tres administracións para acometer a infraestrutura

A Xunta facilitará ao Concello a finais desta semana as conclusións dos estudos previos que fixo sobre a Intermodal e Adif elaborará un anteproxecto que inclúa as estacións ferroviaria e de buses

“Este é un proxecto prioritario e irrenunciable para o Goberno porque é o que nos garante a chegada do AVE a Lugo no 2019 e tamén ser unha cidade do século XXI”, subliña Lara Méndez

Venres, 16 de febreiro de 2018
A Alcaldesa avanza os deseños das 5 primeiras obras do Muramiñae, que proxecta “o Lugo do futuro”

A pasarela para peóns e bicicletas ao Miño, coa que o Goberno dá resposta a unha forte demanda dos afeccionados do CD Lugo e da cidadanía en xeral, situarase ao lado do enlace que conduce ao centro comercial, en terreos municipais, o que axilizará a construción. O orzamento é de 555.000€

A proposta para a ampliación do paso inferior da N-VI pasa por demoler a propia estrutura actual e executar unha nova, cun gálibo horizontal e vertical máis amplos, o que diminuirá o efecto túnel e o fará moito máis agradable para o usuario. O investimento é de 690.000€

Tras descartar a construción dunha rotonda pola inviabilidade técnica, a opción sobre a que o Concello traballa agora para a reforma da Volta da Viña é crear un acceso directo dende o mirador, para o que está pendente da autorización de Fomento

Prevese a construción dun pozo de bombeo na rúa Vicedo, que recollerá as augas de escorrentía da propia vía e as dos dous colectores existentes na zona que verten ao Rego dos Hortos, para levalas á rede xeral de saneamento, a través do pozo de rexistro existente na rúa Santiago. O importe é de 60.000€

En canto á posta en valor do patrimonio do Carme, contémplase, entre outras actuacións, valorizar a cloaca romana descuberta no ano 2008 na parte traseira da Sala de Exposicións Porta Miñá para facela visitable e aberta ao público a través da súa musealización in situ

Xoves, 15 de febreiro de 2018

A iniciativa, que se desenvolverá ao longo de dous trimestres escolares, trata de achegar aos nenos e nenas a contorna natural, formando parte dos ciclos naturais e intervindo nos mesmos de xeito directo e activo

Manuel Núñez explicou que o horto, como recurso educativo, permite unha aprendizaxe activa e un eficaz desenvovemento de actitudes e valores que conducirán a uns comportamentos comprometidos coa conservación do medio e a utilización sostible dos recursos medioambientais

Mércores, 14 de febreiro de 2018
O Vello Cárcere exhibe a súa transformación a espazo cultural de proximidade nun ciclo de conferencias en Barcelona

Carmen Basadre participou nas xornadas Un futuro para el pasado, nas que puxo en valor a rehabilitación das instalacións, que forman parte dun conxunto de espazos para acoller todo tipo de actos, pero que tamén resultan respetuosas coa negra historia que atesouran os seus muros, e especialmente, coas súas vítimas

Mércores, 14 de febreiro de 2018

As persoas interesadas poden presentar os seus traballos na Casa da Xuventude, de 10:00  a 14:00 horas en horario de mañá, e de 16:30 a 21:30 pola tarde, ou mediante correo certificado

O premio ascende a 1.000 euros, e o traballo gañador será o que anuncie esta festa declarada Festa de Interese Turístico e Nacional, que terá lugar o 15, 16 e 17 de xuño

Martes, 13 de febreiro de 2018
Lugo vive un desfile de Entroido dos máis participativos dos últimos anos

O Concello repartiu uns 6.650 euros en premios entre as persoas participantes, que valorou un xurado composto polos profesionais Enrique Bonet, Laura Pernás e María Xosé García

Princesa Leyma, Bella y ardilla son e Taller de Marionetas foron os disfraces gañadores na categoría individual, parellas e comparsas, respectivamente

Luns, 12 de febreiro de 2018
Gymkana grupal polo centro da cidade este venres para concienciar sobre o cancro infantil

Miguel Fernández, José Manuel Vázquez, Jesús Lázare e Teresa Fernández presentaron esta xornada lúdico deportiva, que arrincará ás 16:30 horas dende a Praza Maior e na que participarán os xogadores do Breogán

Páxinas