+xti: Programa de prevención de drogodependencias

Algunhas persoas manteñen un medo reverencial á información sobre as drogas. Como se dispoñer dunha información axeitada sobre elas fora aumentar o consumo. Algo semellante ao que noutros tempos se pensou respecto á educación sexual.

Non obstante, a realidade é ben distinta. A información é un recurso necesario para tomar decisións intelixentes, informadas, autónomas, ante calquera desafío (as drogas, no noso caso). Os riscos reais proceden da ignorancia. Non hai elección libre sen un saber axeitado.

Unha sociedade máis culta, máis informada e mellor formada sobre as drogas será máis capaz de convivir nun mundo no que estas existen, reducindo o risco de establecer con elas relacións conflitivas.

Directorio