Vodas civís

Instrucións para a celebración das vodas civís no Concello de Lugo

Primeiro. Emprazamento: 

As celebracións das vodas civís terán lugar no local do Concello debidamente habilitado. 

Cando teñan lugar noutros locais distintos dos que foran previamente habilitados, o Concello, a través dos órganos competentes, e de acordo co determinado pola lexislación de réxime local, asegurarase de que os locais onde se vaia autorizar o matrimonio reúna as condicións adecuadas de decoro e funcionalidade, de maneira que estes resulten aptos para permitir celebrar os matrimonios. 

Segundo. Días e horarios: 

As vodas civís terán lugar, de forma ordinaria, de luns a venres non festivos, das 12:00 ás 14:00 horas, e o primeiro e terceiro sábado hábil de cada mes, das 11:30 ás 13:00 horas, e de maneira extraordinaria o terceiro sábado, das 17:30 ás 20:00 horas.

Por axustes do calendario de vodas co calendario oficial, poida que algún sábado hábil non coincida ser o primeiro nin o terceiro, polo que se sinalarían os seguintes, tal como se recolle no cadro.

Se por causa xustificada fose necesario celebrar algunha voda fóra dos horarios establecidos, os peticionarios solicitarano mediante un escrito debidamente razoado, e o Servizo de Protocolo informará ao respecto. 

Terceiro. Solicitudes:

  1. Os interesados acudirán ao Servizo de Protocolo para reservar a data e hora do enlace de acordo co calendario oficial.
  2. Presentarán solicitude por escrito no Rexistro Xeral do Concello cunha antelación mínima de quince días hábiles respecto da data na que pretendan celebrar a voda.
  3. De acordo coa Lei de protección de datos, presentarán directamente en Protocolo:
  • certificación para casar no Concello, expedida polo Rexistro Civil
  • xustificante do pagamento  das taxas municipais
  • orixinais e fotocopias do DNI dos contraentes e de dúas testemuñas           

Se sete días antes da data solicitada para a celebración do matrimonio os interesados non teñen presentada toda a documentación solicitada, procederase ao arquivo do expediente. 

Cuarto. Presidencia do acto: 

Os matrimonios celebraranse ante a Alcaldesa ou calquera Concelleiro/a, de  entre os/as edís electos/as do Concello de Lugo, ben por solicitude dos contraentes ou por quenda. 

Quinto. Vehículos: 

Autorízaselles a acceder diante do Concello,  durante a celebración da cerimonia, aos dous coches dos contraentes, e no caso excepcional de asistencia dun invitado con mobilidade reducida tamén se lle autorizará o acceso. Para iso solicitaranlle por escrito a correspondente autorización á Policía Local. En caso de entorpecer, colocaranos no lateral.

Sexto. Prohibicións: 

Dentro da Casa do Concello e nos seus soportais non se poderán lanzar flores, pétalos ou outros obxectos habituais neste tipo de cerimonias.

Na medida do posible, rógase que eviten tirar arroz ou outros produtos alimenticios.

Para máis información chamar ao teléfono 982297132