Tribunal Económico e Administrativo do Concello de Lugo (TEA)

Qué é o TEA do Concello de Lugo ?

O Tribunal Económico e Administrativo (TEA) é o órgano especializado na tramitación e na resolución das reclamacións económico-administrativas formuladas polas persoas lucenses contra as actuacións de aplicación dos tributos municipais e as imposicións de sancións tributarias que realicen os órganos competentes do Concello de Lugo, as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes del e os concesionarios de servizos públicos municipais.

Composición do TEA

O TEA de Lugo está constituido por tres membros designados polo Pleno do Concello, co voto favorable da maioría dos seus integrantes.

Presidenta Marta López Peña
Licenciada en Dereito
Titular da Xefatura de Servizo de Persoal do Concello de Lugo

Vogal Xosé Manuel Cao Rei
Llicenciado en Ciencias Económicas e Empresariais,
Adxunto de Servizo do Concello adscrito á Intervención Xeral municipal

Secretaria María del Carmen Flores Pardo
Licenciada en Dereito
Titular da Xefatura do Servizo de Medio Ambiente

Membro suplente María Jesús López Vázquez
Licenciada en Administración de Empresas
, Técnica da Administración Xeral e adscrita á Xefatura de Servizo de Servizos Sociais.