Servizo Municipal de Comedores Escolares

O Concello de Lugo presta o Servizo Municipal de Comedores Escolares, a través do cal a Concellería de Educación e Infraestruturas Urbanas encárgase da elaboración das comidas, a súa distribución ata as mesas, o reparto entre os nenos e nenas e a vixilancia no comedor, entre outros.

Este servizo préstase nos comedores dos colexios de Albeiros, Anexa, As Mercedes, Illa Verde, Menéndez Pelayo, Luis Pimentel, Paradai, Rosalía de Castro e Sagrado Corazón. En todos estes centros préstanse os servizos de madrugadores e xantar. Ademais no Colexio de Casás ofrécese o servizo de madrugadores.

As reservas para días soltos pódense realizar chamando ao teléfono 630 36 38 44 ou enviando un correo electrónico ao enderezo  info@alimentacionsaludablegallega.com.

Documentos