Servizo de Información Municipal 010

O Servizo de Información Municipal 010 é o principal medio de comunicación e de contacto entre o Concello e os cidadáns. É un servizo moderno e áxil que abre a administración local á comunicación coa cidadanía de Lugo, sexa por teléfono, fax ou correo electrónico.

O 010 facilita información sobre servizos e trámites municipais, actividades, actos e programación das diversas concellerías, así como sobre os eventos que teñan lugar na nosa cidade. Asemade, é o servizo de recepción de alertas e avisos, de avarías, de reclamacións e de suxestións. 

Calquera persoa pode chamar, simplemente marcando o número 010 dentro do termo municipal de Lugo (982 297 350 dende fóra do municipio), tanto dende teléfonos fixos como dende móbiles. O custo da chamada é o dunha chamada local. Tamén é posible contactar vía fax, no 982 297 349, ou a través do email 010@concellodelugo.org

O horario de servizo é de 8:30 da mañá a 20:30 da noite en días laborables, e os sábados de 9:00 a 14:00 horas. Fóra deste horario de atención do Servizo 010 está en funcionamento un buzón de voz conectado cos servizos de emerxencia e tamén se poden deixar consultas, que serán atendidas en horario laborable.

010 Accesible

Buzón de consultas para persoas xordas O 010 é un servizo accesible,  permitindo que as persoas xordas poidan realizar as súas consultas a través de distintos medios dispoñibles no Buzón de consultas para persoas xordas
Solicitude de intérprete de signos A través do 010, as persoas xordas podén asimismo solicitar acompañamento dun intérprete de signos para as súas xestións co Concello. 

Facebook 010

Twitter 010