Programa de vivenda en alugamento

En que consiste?

Consiste nun conxunto de axudas económicas convocadas en réxime de concorrencia competitiva e destinadas a financiar parcialmente (entre o 10% e o 50% do seu custo mensual) o alugamento da vivenda destinada a domicilio habitual.

Quen pode solicitar estas axudas?

As/Os arrendatarias/os de vivendas con contratos vixentes ou compromiso de novo arrendamento na data de presentación da solicitude e que cumpran os requisitos fixados na correspondente convocatoria.

Non obstante, terán prioridade no acceso os seguintes colectivos:

  1. Pensionistas e persoas beneficiarias de prestacións sociais.
  2. Inmigrantes e emigrantes retornados
  3. Mozos e mozas entre 18 e 35 anos
  4. Familias monoparentais con cargas familiares non compartidas.
  5. Persoas con discapacidade
  6. Mulleres vítimas de violencia de xénero.
  7. Mulleres e homes separados/as ou divorciados/as con problemática de acceso a vivenda derivada da ruptura da unión familiar.

Onde e cando se solicitan?

As solicitudes, en modelo oficial, presentaranse no rexistro de EVISLUSA, no do Concello de Lugo ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4, letras b) e c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común dentro do prazo establecido nas bases, que serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Entidade colaboradora:  EVISLUSA, Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Lugo S.A.