Programa de emerxencia social municipal

Cal é o obxecto do programa?

Prestarlles axudas económicas, de carácter non periódico e extraordinario, a aquelas persoas e/ou familias que non poden facer fronte a situacións carenciais graves.

Que entendemos por situacións carenciais graves?

Aquelas que non nos permiten cubrir as nosas necesidades e/ou as da familia nos seguintes supostos:

  • Necesidades básicas non cubertas por outros sistemas de protección social: gastos farmacéuticos, sanitarios, escolares...
  • Necesidades relacionadas co uso e mantemento da vivenda habitual (alugamento, hipoteca, equipamento mobiliario básico, adaptación funcional da vivenda...)
  • Necesidades derivadas de causa de forza maior, catástrofes, accidentes, etc.

Onde dirixirse?

Ao/Á traballador/a social do centro social municipal que corresponda

Directorio