Plan de Igualdade

O III Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes do Concello de Lugo 2012 - 2014 vertébrase sobre o principio de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal. Foi deseñado co obxectivo prioritario de seguir incorporando a transversalidade en todas as políticas de intervención municipal para fomentar e impulsar unha participación igualitaria da poboación en todas as esferas da vida pública e privada da cidade.

Este III Plan, que terá unha vixencia de tres anos, ponse en marcha coa vontade de que sexa un documento aberto que, por unha parte, dá continuidade e afonda nalgunhas actuacións iniciadas polos anteriores plans e, por outra, introduce novas iniciativas e medidas, coa finalidade de dar resposta ás novas problemáticas sociais e resistencias culturais que van xurdindo con relación á promoción da igualdade e á participación das mulleres.

Contempla entre as súas áreas prioritarias: participación social, diversidade e sensibilización cidadá, educación, cultura e deporte, formación e emprego, prevención e atención integral da violencia de xénero, conciliación e corresponsabilidade e benestar social e saúde.

Todas estas cuestións fundamentais recóllense no Plan a través de 7 áreas de intervención nun total de 101 actuacións previstas para acadar os 26 obxectivos que se propoñen.

+ info