Plan de Emprego Municipal (SELFE II)

Á vista dos resultados do SELFE I e das altas taxas de desemprego existente, o Concello de Lugo decide acometer un segundo plan de emprego municipal no 2013, denominado Segundo Programa de Servizos Locais e Fomento de Emprego SELFE II.

Ao abeiro do SELFE II licítanse 5 contratos para a realización de diferentes obras de mantemento de instalacións municipais,  nos que se esixe a adscrición de traballadores/as antigos e a contratación de alomenos dúas persoas desempregadas cun mínimo de antiguedade de 6 meses de inscrición nas Oficinas de Emprego de Lugo. O importe total de dicado a estas contratacións é de 325.000€, aumentando unha contratación de servizo de mantemento e a duración do período de contratación das persoas desempregadas que sexan contratadas, así como do persoal existente na empresa que se inscriban a estes contratos.