Padrón Municipal

A Sección de Estatística do Concello é a encargada de xestionar o Padrón Municipal de habitantes, que inclúe tamén o mantemento da relación de entidades de poboación, a numeración das rúas, o mantemento do rueiro/seccionado municipal, e o proceso dos trámites administrativos relacionados co Padrón.

Unha novidade do sitio web do Concello de Lugo é a posibilidade de obter un voante de empadroamento en liña, dentro das opcións da carpeta cidadá. A solicitude de certificado atópase tamén bastante simplificada dende hai meses, coa posibilidad de tramitar a solicitude de xeito telemático, aínda que o certificado deberá recollerse persoalmente polo interesado ou ben un representante, nas oficinas do Concello.

Outras actuacións de estatística son a xestión do censo electoral e a xestión dos ficheiros de intercambio para mentamento do padrón continuo.

+ info

Datos referidos ao 01/04/2014

Directorio