Obradoiro de Emprego EMPREGATIC

Obradoiro de emprego grazas ao cal 15 desempregados do Concello recibirán durante medio ano formación no eido das TIC encamiñada a acadar un nivel adecuado de coñecementos para mellorar a súa inserción laboral.

Conta con dúas especialidades:

  • Xestión de marketing e comunicación (8 prazas)
  • Desenvolvemento de produtos multimedia interactivos (7 prazas)

Entre as actuacións principais que se contemplan nas especialidades formativas a impartir no obradoiro atópase o deseño dun produto multimedia onde consultar os arquivos dixitalizados, a realización dun vídeo e dunha infografía, e a posta en marcha dun plan de marketing, así como eventos sobre cultura dixital, entre outros.

O obradoiro conta cun orzamento de 130.800 euros e ten unha duración de seis meses.

Os participantes obterán os certificados profesionais homologados pola Xunta de Galicia para desenvolver estes traballos.