Obradoiro de Emprego CULTUR@LVCVS

Obradoiro de emprego grazas ao cal 23 desempregados do Concello recibirán durante medio ano formación especializada en cultura e turismo para mellorar a súas oportunidades de acceder ao mercado laboral.

Conta con tres especialidades:

  • Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais (8 prazas)
  • Interpretación e Educación Ambiental (7 prazas)
  • Promoción Turística Local e Información ao Visitante (8 prazas).

O obxectivo é a creación e desenvolvemento de proxectos de animación cultural que busquen a promoción de actividades, a creación dunha canle cultural pública e virtual, a creación e desenvolvemento de visitas guiadas en contornas naturais e as principais características medioambientais da zona, e tamén a atención e asesoramento dos visitantes ante a solicitude de información turística e a planificación dunha campaña turística.

O obradoiro conta cun orzamento de 204.318 euros e ten unha duración de seis meses, que inclúen prácticas na rede museística municipal.

Os participantes obterán os certificados profesionais homologados pola Xunta de Galicia para desenvolver estes traballos.