Información sobre a factura electrónica

Dende o 30 de xaneiro de 2017 as facturas dirixidas ao Concello de Lugo deben ser electrónicas. Dita obriga recóllese na Ordenanza reguladora de Administración Electrónica deste Concello.

A factura electrónica simplificará os trámites ás empresas que prestan servizos e facturan a esta entidade local e tamén lles facilitará o seguimento da tramitación que se seguen nelas.

Pódese consultar información sobre a factura electrónica no pdf que figura a continuación.