Información a inmigrantes e emigrantes retornados

Servizo específico integrado nos servizos sociais municipais, froito dun convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Emigración e o Concello de Lugo, dirixido a proporcionar información, orientación e asesoramento ás persoas inmigrantes e emigrantes retornadas do Concello.

Que servizos se ofrecen?

A Unidade de Información a Inmigrantes e Emigrantes retornados proporciona información, orientación e asesoramento sobre:

  • Situación xurídica da persoa inmigrante ou emigrante retornada e trámites administrativos para seguir en función da súa situación: na tramitación de permisos de residencia, traballo, visados, adquisición de nacionalidade, agrupamento familiar e/ou prestacións sociais, sanitarias e educativas.
  • Sobre programas formativos.
  • Orientación, apoio e seguimento dos procesos de inserción sociolaboral.
  • Intervencións sociofamiliares.
  • Tramitación de emerxencia social municipal.

Onde dirixirse?

A atención social préstase no Centro de Convivencia que corresponda segundo o lugar de empadroamento da persoa solicitante.

A atención xurídica préstase no Centro de Servizos Municipais (antigo Seminario Menor), todos os venres en horario de 9.00 a 14.00 con cita previa. 

Ronda da Muralla, 197 - Baixo
Tel.: 982 297 370
e-mail: inmigracion@concellodelugo.org