Día Mundial do Patrimonio Audiovisual 2014

Na súa 33ª reunión, a Conferencia Xeral da UNESCO aprobou a Resolución 33 C/53 proclamando o día 27 de outubro de cada ano Día Mundial do Patrimonio Audiovisual para conmemorar a aprobación na súa 21ª reunión (1980) da Recomendación sobre a Salvaguardia e Conservación das imaxes en movemento. Esta recomendación contribuíu a tomar conciencia da importancia do patrimonio audiovisual e a súa necesidade de preservación, unha tarefa urxente, xa que constitúe unha fonte esencial de información a través de imaxes e sons que, lamentablemente, se conservan en soportes extremadamente fráxiles.

Patrimonio AV

O Arquivo Municipal de Lugo , nestes intres non ten propiamente pezas audiovisuais, agás a película feita , sobre o Arde Lucus, dirixida por Brais Revaldería, na que se inclúen moitas fotografías da Colección Delgado Guisasola , propiedade do Concello de Lugo, e un “maping” feito para as festas do S. Froilán de 2014. Calquera das dúas non llas podermos ofrecer , ao non ter aínda unha copia á nosa disposición

Asemesmo no depósito do arquivo desta cidade, producido polo Concello, consérvanse cintas de audio das Sesións de Plenos