Cemiterio Municipal de San Froilán

A cidade de Lugo conta cun Cemiterio municipal emblemático que data do ano 1948 aproximadamente, fiel depositario da memoria histórica da cidade. 

Con independencia da súa singularidade e beleza harmoniosa, conta cunha interesante bagaxe de construcións funerarias que foron trasladadas desde o antigo cemiterio municipal da cidade, situado na avenida de Ramón Ferreiro, o cal lle confire o seu valor artístico e histórico.

Actualmente o Cemiterio adquiriu unha grande sona tanto polas actividades que se foron realizando no recinto dentro da programación anual, orientadas á súa consideración como un lugar de repouso, de paz e de reencontro persoal, como pola súa proxeción europea, ao estar integrado na Ruta de Cemiterios Históricos Europeos.

O noso Cemiterio

Extensión 108.000 m2
Unidades de enterramento en concesión 14.000 aproximadamente
Situación 4,2 km do centro amurallado

Concesións

Tipos de concesión, dereitos e obrigas dos concesionarios, cambio de titularidade, renovación e caducidade das concesións | Descargar pdf

Multimedia

Directorio