Casas das Linguas

Existen dúas Casas das Linguas no concello de Lugo, unha na Piringalla e outra en Aceña de Olga.

Obxectivos das Casas das Linguas

  • Que sexa unha ponte para a toma de contacto con outros idiomas, a primeira oportunidade para algúns, e unha práctica axuda para persoas usuarias que cun nivel máis avanzado poidan ter actividades orientadas á comunicación oral, conversacións, audicións.. co fin de mellorar e disfrutar da aprendizaxe en inglés e francés.
  • Que englobe actividades culturais, charlas, conferencias… Búscase acercar a interculturalidade a toda a cidadanía para dar a oportunidade de coñecer diferentes culturas e novos idiomas, actualmente ofrécese inglés e francés, chino durante o curso escolar coa asociación Chengbao , que se abren a que outras persoas distintas das da asociación poidan asistir e con posibilidade de poder facer algo en árabe.
  • Poderase disfrutar de servizos, abertos para toda a poboación , a sala de ordenadores para o que queiran consultar pero tamén para practicar o idioma que elixan coa orientación por persoal cualificado.
  • A lectura de prensa e revistas nacionais e internacionais, aberta a toda a cidadanía.
  • Nas linguas nas que se estea traballando, dividiranse os días por niveis, cada día terá un nivel diferente.
  • As series e películas emitiranse con subtítulos en español, para que sexan accesibles a todo o público. Emitiranse varias veces á semana en diferentes horarios para ofrecer máis facilidades a cidadanía que desexe asistir á proxección.

Directorio