Axudas ás familias con escasos recursos para a adquisición de material educativo no segundo ciclo de Educación Infantil para o curso escolar 2015-2016

A partir do 12 de xuño de 2015 e ata o 1 de xullo comenzará  o prazo para solicitar as axudas ás familias con escasos recursos para a adquisición de material educativo no segundo ciclo de educación infantil para o curso escolar 2015-2016.

As bases polas que se regula a concesión de subvencións para estas axudas, están publicadas no BOP Nº 125, do 3  de xuño de 2015.

A folla de solicitude estará disponible nas oficinas da Concellería de Educación (Centro de Convivencia Uxio Novoneyra, Rúa Quiroga Ballesteros-3º andar), na Oficina de  Participación Cidadá (Edificio Oficinas Municipais, Ronda da Murallla nº 197), e no propio BOP reseñado.

O certificado de matrícula no centro educativo deberá ser aportado no momento da concesión e entrega do vale; non serán válidos os certificados emitidos con anterioridade ao comezo do curso escolar.

Directorio