Arquivo Municipal

Estamos aquí para organizar, conservar e custodiar os documentos, producidos e recibidos no Concello de Lugo ao longo do tempo, durante todo o seu ciclo de vida, para garantir os dereitos dos cidadáns e cidadás, facilitar e asegurar o acceso deles e delas a éstes, así como para que constitúan, se é preciso, un antecedente nos distintos procedementos administrativos que se tramitan nesta institución, e noutras administracións públicas

Constituímos a garantía da transparencia administrativa deste Concello, xa que vostedes poden probar os seus dereitos, mediante o acceso aos documentos tramitados nos distintos servizos da administración municipal, que nós custodiamos, organizamos e conservamos.

Somos a memoria desta cidade, a preservación destes documentos de arquivo fai que este constitúa a fonte principal para coñecer a Hª de Lugo. Os investigadores, estudosos dalgún tema ou calquera cidadán/a que queira coñecela, é benvido e atendido neste arquivo municipal

Tamén realiza actuacións de difusión dos seus fondos, o persoal deste centro reconstrúe a través dos documentos que custodia e outras fontes, a historia de Lugo, labor difundida, con posterioridade a través de exposicións e publicacións que realiza o arquivo, ademais doutras actividades.

Día Internacional dos Arquivos >>

Directorio